Política de calidade e medio ambiente
ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. comprométese, de acordo coa súa filosofía de autocontrol e calidade, a levar a cabo todas as accións necesarias para o cumprimento dos seguintes obxectivos:
- Implantar e manter un sistema documentado de Autocontrol, Aseguramento da Calidade e APPCC.
- Definir procesos e servizos baseados nas normas internacionais de calidade, análise de riscos e control de puntos críticos e medio ambiente.
- Respectar os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e a regulamentación interna.
- Difundir entre o persoal da empresa os obxectivos e a política de calidade para o establecemento dunha cultura común a todos os niveis da organización.
- Asegurar que os nosos produtos e servizos cumpren coas expectativas do cliente, utilizando os recursos necesarios para a implantación dun sistema de mellora continua.
- Manter altos índices de competitividade e diferenciación.
- Contribuír á sustentabilidade e mantemento dos recursos pesqueiros, cumprindo para iso coas recomendacións e medidas establecidas polas Organizacións Rexionais de Pesca aplicables ás nosas pesquerías (ICCAT, IATTC, IOTC e WCPFC).
Así mesmo, e dentro do marco normativo vixente, a empresa asume as seguintes obrigas en materia de seguridade alimentaria: responsabilidade, trazabilidade, transparencia, emerxencia, prevención e cooperación. .