Política de control
En ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. puxemos en práctica un rigoroso plan de control, vixilancia e avaliación permanente de provedores co fin de garantir a calidade, a orixe e a seguridade alimentaria dos produtos que comercializamos.
Para iso, establecemos unha serie de protocolos e actuacións que se aplican en todas as fases da nosa actividade:
- Controis a bordo dos buques para verificar o cumprimento da normativa sanitaria aplicable aos produtos pesqueiros.
- Control das instalacións de manipulación, procesado, conxelación e mantemento dos buques.
- Establecemento de pautas reguladas para a manipulación do produto.
- Control de descarga.
- Inspección do produto para garantir de forma continuada a calidade deste.
- Análise do produto en laboratorio.
- Plan de control no almacenamento dos produtos.
- Plan de control de transporte.
- Trazabilidade.
- Etiquetaxe.