Espaderos del Atlantico

A nosa frota


ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. conta cunha das principais frotas de palangre de superficie do mundo, o que nos sitúa como unha das empresas de referencia a nivel internacional..

Os nosos 30 buques palangreiros están posicionados nos mellores caladoiros do Océano Atlántico Norte e Sur, Océano Índico e Océano Pacífico e pescamos e comercializamos as especies propias da pesqueira do palangre de superficie: PEIXE ESPADA, TINTUREIRA, ATÚN, MARRAXO, MERLÍN e PEIXE VELA.

A modernidade e polivalencia da nosa frota, así como o traballo desenvolvido polas nosas experimentadas tripulacións, aseguran a mellor calidade e homoxeneidade do produto dende o mesmo momento da súa captura.

A frota de ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. desenvolve a súa actividade pesqueira sobre a base do cumprimento das políticas de sustentabilidade do recurso pesqueiro e protección do medio mariño, con total rexeitamento da pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, a cal debe ser severamente combatida..

Espaderos del Atlantico