Espaderos del Atlantico

Que facemos

ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. consolidouse como un dos principais provedores a nivel mundial de peixe espada, tintureira, marraxo e atún.

A maior parte do produto comercializado por ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. é capturada pola nosa propia frota, o que nos permite garantir a subministración e formular aos nosos clientes as mellores ofertas do mercado.

Os volumes de produción da empresa, así como a calidade recoñecida dos nosos produtos, permitíronnos ser un subministrador de referencia, tanto no ámbito nacional como internacional, para as principais empresas de elaboración, distribución, almacenistas, grandes superficies e restauración.

A nosa vocación de superación permítenos satisfacer todas as necesidades dos nosos clientes nos mercados máis competitivos: España, Italia, Grecia, Portugal, Francia, Reino Unido, Holanda, Países do Leste, Brasil, Namibia, Sudáfrica, etc.

Espaderos del Atlantico