Espaderos del Atlantico

Quen somos

ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. constitúese en Vigo a comezos do ano 2003 sobre a base dunha alianza estratéxica de máis de 30 armadores de palangre de superficie, con buques que desenvolven a súa actividade pesqueira nos principais caladoiros do mundo.

O obxectivo primordial da nosa empresa é a comercialización directa do produto das capturas da nosa frota asociada, achegando así a PRODUTORES e CONSUMIDORES..

Do mesmo xeito, en ESPADEROS marcámonos como principal liña de actuación a mellora constante en todos os nosos procesos (produción, transformación e comercialización), contando para iso con tres activos que simbolizan os recursos básicos para o desenvolvemento da actividade da nosa empresa:

1.- Armadores – produtores.

Os nosos accionistas de referencia achegan experiencia, coñecemento e a máis moderna tecnoloxía para procesar, conservar e ultraconxelar a bordo dos seus buques; o que nos permitiu alcanzar un estándar de calidade “ESPADEROS” de amplo recoñecemento no mercado.

2.- Equipo humano.

Contamos cun equipo altamente profesional, dinámico e cunha clara vocación de servizo ao cliente. Isto permítenos asegurar que os nosos produtos cumpran coas expectativas esixidas, utilizando para iso todos os recursos necesarios, tanto propios coma externos.

3.- Compromiso de calidade, transparencia e seguridade alimentaria.

O cumprimento dos requisitos da lexislación alimentaria e da calidade dos nosos produtos contrólase e verifícase en todas as súas fases de produción, manipulación, comercialización e distribución.

A conxugación destes activos, unida ao profundo respecto polo mar e o compromiso na sustentabilidade dos seus recursos, froito da tradición ancestral dos nosos armadores, consolidaron ESPADEROS DEL ATLÁNTICO S.A. como unha das principais empresas do sector, cunha sólida bagaxe comercial e financeira, o que nos permite afrontar os novos retos e desafíos dos mercados máis esixentes.

Espaderos del Atlantico